|
TRABALLO NAS FOGUETERÍAS |
 |
Unha das moitas utilizacións do traballo infantil é a elaboración e a fabricación de elementos pirotécnicos. Os nenos e nenas que traballan fan tarefas manuais moi precisas para a elaboración dos petardos, como a elaboración das mechas, a preparación do tubo armado ou o axuste das pezas para destinalas á comercialización.
Unha actividade destas características, que require unha manipulación manual moi precisa, comporta multitude de riscos para os nenos e nenas que traballan. As actividades de máis risco son: o mechado e o trenzado das mechas, polo contacto directo cos productos químicos necesarios, a preparación do tubo do petardo coa pólvora, porque se fai sen o equipamento axeitado, o que fai que queden expostos a inhalacións perigosas e a queimaduras polo contacto directo coa pel, así como o mesmo producto final, que polo seu perigo os expoñen a queimaduras e mesmo a mutilacións graves, que a algúns nenos lles ten ocasionado a morte. |
|
|