Treballo rural  |  Treballo urbano |  Vertedoiros de lixo
Fogueterías  | Os curileros | No piedrín  |

recursos  | crèdits

 
clic parar ampliar...  
TREBALLO URBANO
 

A orixe desta forma de traballo infantil recae na crúa realidade das poboacións urbanas centroamericanas, que en moitos destes países viven nunha situación de pobreza extrema. A miúdo, a única posibilidade de facerlle fronte é a incorporación dos máis xoves da familia ó mundo da economía somerxida. Estes traballos desenvólvense en espacios urbanos como os mercados, os parques, as prazas, as rúas, as terminais de autobuses... Isto fai que a devandita forma de traballo infantil sexa das máis ignoradas pola maioría da poboación, debido ó cotián da tarefa, que acaba sendo asumida coma inherente ó día a día da cidade.

As actividades máis comúns son a limpeza de botas, a venda ambulante, a limpeza de coches nos semáforos, o traballo feminino nas maquilas e no sector doméstico, e tamén o tráfico de drogas e o negocio da prostitución infantil.

Unha das variantes que engloba o traballo infantil no ámbito urbano é a explotación sexual dos nenos e nenas menores de 18 anos. Esta actividade non ten que ser entendida so como prostitución, posto que a explotación sexual de nenos e nenas implica usalos para a súa comercialización, tanto para a prostitución como para a pornografía e tráfico de crianzas e adolescentes. Esta é unha das violacións máis graves dos Dereitos Humanos, realizada a traveso das redes globalizadas de industria do sexo mediante o turismo sexual occidental.

Pese a que se descoñece moito a magnitude do fenómeno, pola clandestinidade na que se desenvolve, a meirande parte dos casos de víctimas de explotación infantil son nenas. Nos últimos anos, sen embargo, o número de casos de nenos non para de medrar.